Redondela aposta polo turismo de natureza e experiencias

adminON
Lectura mínima de 4

-O Concello de Redondela, que participará en Fitur a próxima semana, presume de contar con espazos naturais privilexiados. A enseada de San Simón ofrece unha paisaxe espectacular e unha biodiversidade única que fan neste municipio unha xoia dentro da ría de Vigo.

-A oferta das concellerías de Turismo e Sostibilidade inclúen actividades de natureza e lúdicas nas que os participantes “poden vivir experiencias como remar nun kaiak pola enseada, saír en bicicleta a coñecer a fauna e a flora da zona ou observar o ceo nocturno guiados por expertos”, explica a concelleira Rita Pérez. “É un xeito de poñer en valor o noso patrimonio natural ao tempo que educamos en sostibilidade e respecto ao medio ambiente”, sinala Roberto Villar.

-O obxectivo do Concello é “dar a coñecer espazos naturais de gran valor ambiental e que teñen tamén un enorme atractivo turístico tanto no litoral como no interior do municipio”, sinala a alcaldesa Digna Rivas.

A feira Fitur que a próxima semana se celebra en Madrid é un dos grandes escaparates mundiais no sector turístico. Redondela estará presente cunha proposta de turismo de natureza e experiencial. A intención é “poñer en valor o patrimonio natural e paisaxístico do municipio a través do turismo”,sinala a alcaldesa Digna Rivas. Desde o Concello contan coa colaboración da empresa Alecrín Actividades e Aventura, que desde hai anos está a facer actividades guiadas no municipio. A súa responsable, Ana Vázquez, considera que a Enseada de San Simón “é un recurso con moitísimas posibilidades e para público de todas as idades”. A oferta das concellerías de Turismo e Sostibilidade inclúe actividades de natureza e lúdicas nas que os participantes “poden vivir experiencias como remar nun kaiak pola enseada, saír en bicicleta para coñecer a fauna e a flora da enseada ou observar o ceo nocturno sempre guiados por expertos”, explica a concelleira Rita Pérez. “É un xeito de poñer en valor o noso patrimonio natural ao tempo que educamos en sostibilidade e respecto ao medio ambiente”, sinala Roberto Villar.
O programa de roteiros que organiza o Concello inclúe paseos polo litoral, saídas en bicicleta, rutas nocturnas e paseos en kaiak, así como propostas de turismo mariñeiro para toda a familia. Redondela é un municipio moi vencellado ao mar “e ás veces descoñecemos todos os recursos que nos pode ofrecer”. A técnica destaca que “a xente que participa sorpréndese da vida e as especies animais que ofrece a enseada, porque descobren elementos que non sabían que estaban alí”. Remar ata unha batea e comprobar toda a vida que acubillan as súas cordas, achegarse ao illote das Corveiras ou saudar de preto a escultura do Capitán Nemo son algunhas das experiencias que poden vivir nestas educativo-ambientais.
Observación do Ceo Nocturno
Trátase dunha actividade de observación astronómica para toda a familia na que, da man dun guía especializado, as persoas participantes reciben explicacións sobre as estrelas máis importantes, as constelacións visibles e os métodos de orientación que se poden seguir a través do ceo nocturno.

Comparte este artigo