- O Concello xa conta cos informes emitidos polas diferentes administracións que deben informar o PXOM. Neste trimestre celebrarase reunións coas Direccións Xerais de Urbanismo, Mobilidade e Patrimonio da Xunta de Galicia, Augas de Galicia e outros organismos como Portos e Aviación Civil.
- A alcaldesa lembra que o PXOM é un documento “que fan os técnicos, non os políticos, en base á Lei do Solo de Galicia. A Xunta de Galicia é a que finalmente ten que aprobalo”. A intención do goberno local é que a Xunta de Galicia “atenda as demandas e necesidades da veciñanza”.
- Na reunión coa Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta trasladarán “as necesidades de Redondela e das parroquias”. A intención do goberno local é incorporar ao PXOM “todas as alegacións que tecnicamente sexa posible”. A previsión para realizar todos os trámites e resolver as alegacións, xunto co documento de aprobación provisional do PXOM polo pleno do Concello, é o primeiro semestre do 2026.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, sinala que desde o Concello de Redondela estanse a cumprir cos prazos e os trámites administrativos que marca a Xunta de Galicia para resolver o PXOM. Xa se mantiveron diferentes reunións co equipo redactor, que realizou unha clasificación e análise de todas as alegacións presentadas durante o período de exposición pública. O goberno local informou da actual situación do plan aos grupos políticos municipais “como vimos facendo ao longo de todo este proceso administrativo”, explica Rivas.
O Concello xa conta con todos os informes dos diferentes organismos que teñen que informar o PXOM. Neste primeiro trimestre do ano celebraranse reunións con todas as administracións autonómicas e estatais que teñen valorar o planeamento (Direccións Xerais de Urbanismo, Mobilidade e Patrimonio da Xunta de Galicia, Augas de Galicia, Portos e Aviación Civil). O obxectivo destas reunións, que se celebrarán neste primeiro trimestre do ano, é elaborar o documento final do PXOM conforme ás propostas das diferentes administracións. “Deste xeito poderemos axustar as demandas das alegacións presentadas durante a exposición pública”, explica Digna Rivas.
A alcaldesa lembra que o PXOM é un documento que fan os técnicos, non os políticos, en base á Lei do Solo de Galicia. A Xunta de Galicia é a que finalmente ten que aprobalo”. A intención do goberno local é que a Xunta de Galicia “atenda as demandas e necesidades da veciñanza”. “Queremos unha Redondela de futuro, na que as parroquias poidan medrar e contar cos servizos necesarios, e iso é que imos reclamar ante a Xunta”. A alcaldesa afirma que na xuntanza coa Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta trasladarán “as necesidades de Redondela e a incorporación das alegacións que queremos facer ao plan”. A intención do goberno local é incorporar ao PXOM “todas as alegacións que tecnicamente sexa posible”.
Unha vez celebradas todas as reunións técnicas elaborarase a proposta final do plan e a Memoria Ambiental, que debe enviarse ao servizo de Calidade Ambiental da Xunta. Este organismo terá que emitir a Declaración Ambiental Estratéxica. A previsión para realizar estes trámites e resolver as alegacións, xunto co documento de aprobación provisional do PXOM polo pleno do Concello, é o primeiro semestre do 2026.