Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Redondela celebra o 25 de xullo con Galicia como terra integradora

Redondela celebra o 25 de xullo con Galicia como terra integradora

- Anuncio -

-Nenos e nenas dos campamentos de conciliación foron os encargados de poñer de manifesto a importancia desta data. Lembraron que Galicia, a nosa lingua e a nosa cultura se espalla “polos catro puntos cardinais”.

-A alcaldesa, Digna Rivas, sinalou tamén que esta data “obríganos a pensar e reflexionar sobre o futuro da nosa terra” e fixo un chamamento para defender os intereses de Galicia “cun modelo de sociedade onde erradiquemos o racismo, o machismo, a xenofobia ou calquera outra forma de odio ou violencia contra a diversidade”.

O Concello de Redondela celebrou na véspera do Día Nacional de Galicia un acto institucional na alameda Castelao para conmemorar esta data. O técnico municipal do Servizo de Normalización Lingüística, Xurxo Martínez, foi o encargado de presentar un acto no que puxo en valor esta celebración “que se remonta a 1.978 e na que todas as forzas políticas se uniron con Galicia como punto de concordia”.
Nenos e nenas dos campamentos de conciliación foron os encargados de poñer de manifesto a importancia desta data e da historia de emigración e solidariedade do noso país. Roi, Lucía, Thiago, Gabriela, Sara, Manuel, Layla, Alba, Clara Vidal e Clara Bouzas, Anxo, Daniela, Leire, Samuel, Iría e Antía foron os protagonistas do acto. Nos seus textos lembraron que Galicia, a nosa lingua e a nosa cultura se espalla “polos catro puntos cardinais”. Desde o viquingo Ulf “o Galego” no Norte, ata a emigración galega ao Sur, o Camiño de Santiago que chega do Leste ou os lazos con Cuba ao Oeste.
A alcaldesa Digna Rivas sinalou tamén que esta data, o día central do noso país “obríganos a pensar e reflexionar sobre o futuro da nosa terra, porque vivimos nun tempo de regresión onde se cuestiona a pluralidade e a diversidade”. Rivas fixo referencia ao boicot no mural feito en Chapela en favor dos dereitos LGTBI e os ataques cometidos contra o monumento en memoria das persoas mortas e represaliadas polo franquismo, no Alto da Concheira. A alcaldesa denunciou estes actos e lembrou que Galicia sempre foi unha terra “integradora”, e Redondela “un referente de inclusión, integración e solidariedade, tamén a defensa da cultura e da lingua”. A alcaldesa fixo un chamamento para defender os intereses de Galicia “cun modelo de sociedade onde erradiquemos o racismo, o machismo, a xenofobia ou calquera outra forma de odio ou violencia contra a diversidade”.
A parte musical do acto correu a cargo do grupo Airiños de San Simón, da parroquia de Cesantes, que interpretou varias pezas musicais e rematou o acto co himno . A xornada péchase co concerto de Airiños da Peneda e a Banda Artística de Arcade no campo da Feira ás 22.00 horas.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas