Redondela celebra o Día Mundial Sen Tabaco cunha campaña informativa

adminON
Lectura mínima de 2

– Esta semana rematou no Multiúsos da Xunqueira un curso  presencial de deshabituación tabáquica para axudar aos fumadores a abandonar o tabaco.

Hoxe celébrase o Día Mundial Sen Tabaco, unha
unha efeméride impulsada pola Organización Mundial da Saúde (OMS), co fin de poñer de relevo os riscos asociados co tabaquismo e avogar por políticas eficaces para reducir o seu consumo en todo o mundo. A concelleira de Saúde e Medio Ambiente, Pilar Martínez, sinala que “aínda que nos últimos canos as campañas informativas e sanitarias lograron certos avances, a aparición dos cigarros electrónicos e outros produtos de nicotina representan unha nova ameaza, especialmente para os mozos”. Para informar e asesorar á veciñanza, Redondela celebra hoxe esta xornada cunha campaña informativa.

Por outra banda, esta semana rematou no Multiúsos da Xunqueira un curso presencial  deshabituación tabáquica en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro. O obxectivo deste curso, dirixido pola psicóloga Loreto Ponte, é o de axudar aos fumadores a abandonar o tabaco e reducir así os factores de risco de cancro de pulmón e outras enfermidades crónicas.

A concelleira Pilar Martínez sinala que, malia que hoxe se celebre o  Día Mundial Sen Tabaco, desde as concellerías de Saúde e Medio Ambiente, Maiores e Infancia, trabállase “todo o ano” para promover hábitos de vida saudable entre a poboación. No caso do tabaco a concelleira lembra que segue sendo unha das principais causas de enfermidades e mortes a nivel mundial, con máis de 8 millóns de mortes anuais, das que 1,2 millóns son atribuíbles ao fume ambiental do tabaco. En España, o tabaco causa aproximadamente 50.000 mortes cada ano.

Comparte este artigo