HomePontevedraRedondela celebra o fin de ano por adiantado con badaladas, uvas e...

Redondela celebra o fin de ano por adiantado con badaladas, uvas e a mellor música dos 80’ e 90’

- Anuncio -spot_img

-O concerto de pre fin de ano celebrase no Campo da Feira de Redondela mañá martes a partir das 21.00 horas. O público despedirá o ano ao ritmo dos clásicos que marcaron as décadas dos 80 e os 90. A disco móbil CDC, Rodri Vegas e a música en directo de Nuevo Plan prometen unha noite para cantar e bailar sen parar.

–  O evento, organizado pola concellería de Cultura, contará coas tradicionais uvas da sorte que se repartirán entre o público para despedir o ano por adiantado ao son das badaladas. A alcaldesa, Digna Rivas, anima á veciñanza a participar neste evento “no que amizades e familias poderán divertirse e gozar do mellor ambiente”

Como xa é tradición, Redondela despedirá mañá o ano de xeito anticipado cunha gran festa no Campo da Feira.  Desde as 21.00 horas o recinto transformarase nunha macro pista de baile para vibrar cos grandes temas que marcaron as décadas dos 80 e os 90. Os encargados de facer bailar ao público serán a disco móbil CDC e o Dj redondelán Rodri Vegas, ademais da música en directo de Nuevo Plan,  banda que compartiu escenario con músicos da talla de Burning, La Unión, Nacha Pop, La Guardia, Loquillo, Mikel Erentxun ou Siniestro, entre outros. Ao longo da noite soarán grandes éxitos do pop e o rock que marcaron toda unha época desde os grupos españois da movida até as grandes bandas internacionais.

O evento, organizado pola concellería de Cultura, contará coas tradicionais uvas da sorte que se repartirán de balde entre o público. Rodri Vegas será o mestre de cerimonias para despedir o ano con 24 horas de antelación ao son das doce badaladas.

A alcaldesa, Digna Rivas, anima á veciñanza a participar neste evento “no que amizades e familias poderán aproveitar para reencontrarse, divertirse xuntos e gozar do mellor ambiente”. A cita comezará ás 21:00 e prolongarse ata as 03:00 horas para cantar, bailar e pasalo ben revivindo os “temazos” de sempre.

O III Ciclo Infantil de Nadal Interparroquial

As actividades da programación infantil e familiar deste Nadal continúan nos vindeiros días por todas as parroquias. Mañá martes será a quenda do polifacético Ce Orquestra Pantasma, que actuará no Centro Cultural de Reboreda ás 18.00 horas. O mes de xaneiro comezará coa gran compañía redondelá Tanxarina, que actuará no Centro Cultural de Cabeiro o 2 de xaneiro coa súa premiada obra Titiricircus. O ritmo rockeiro chegará da man de Pakolas cun espectáculo musical no Centro Cultural de Vilar de Infesta o 3 de xaneiro. A programación deste ciclo rematará o 4 de xaneiro cunha das familias máis coñecidas de Galicia, “Os Bolechas”, que estarán no auditorio do Piñeiral do Crego en Chapela. Todos os espectáculos serán ás 18.00 horas.

O Festivail de Panxoliñas e Canto Tradicional será os días 3 e 4 de xaneiro no auditorio da Xunqueira ás 18.00 horas.

Publicacións Relacionadas