A celebración Pre Fin de Ano será o martes 30 de decembro para quecer motores e despedir este 2025 co mellor ambiente. O Campo da Feira transformarase nunha macro pista de baile para vibrar cos grandes temas que marcaron as décadas dos 80 e os 90. O evento, organizado pola concellería de Cultura, promete actuacións de música en directo e sesión de picadiscos que porán o mellor ritmo a esta noite. Soarán grandes éxitos do pop e o rock que marcaron toda unha época desde os grupos españois da movida até as grandes bandas internacionais. A alcaldesa, Digna Rivas, anima á veciñanza a participar neste evento “no que amizades e familias poderán aproveitar para reencontrarse e gozar do mellor ambiente”. A cita comezará ás 21:00 e prolongarse ata as 03:00 horas para cantar, bailar e pasalo ben revivindo os “temazos” de sempre.



