Ante as acusacións do Partido Popular de Redondela, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, quere deixar claro que “é falso que votara a favor das actividades industrias privadas por parte da empresa Terminales Atlánticas Vigo, SL no Peirao da Pedra en Rande durante a sesión do 30 de xullo de 2021 do Consello de Administración da Autoridade Portuaria ”.
Nesa sesión a rexidora asegura que se aprobou a “finalización do contrato da empresa David Fernandez Grande coa Autoridade Portuaria de Vigo e se concedía un novo contrato a Terminales Atlánticas, sen especificar cal sería o seu lugar de actuación. “A zona que abarca a APV é moi extensa e en ningún momento se falou de Rande como unha opción durante esa reunión, polo que é imposible que eu dera o visto bo”, engade Rivas.
Tempo despois o Concello de Redondela alerta do uso irregular que se estaba facendo do antigo cargadoiro de granito de Rande. Digna Rivas deixou claro o seu “profundo malestar” ante o que cualifica de “política escurantista” da APV que, en ningún momento, informou ao Concello das actividades de almacenamento e cedidas á empresa privada Terminales Atlánticas Vigo”. Motivo polo que procede a enviar unha queixa e solicitude de información por escrito á APV.
En resposta, a APV admite autorizar pola súa conta outra actividade industrial no peirao “co fin de optimizar as infraestruturas portuarias existentes na zona de servizo e xestionar a enorme falta de espazo da que adoece o Porto de Vigo nos peiraos comerciais, a Autoridade Portuaria ha empezado a dotar de actividade o peirao de Rande, unha vez que o período concesional da empresa DAVID FERNANDEZ GRANDE chegou ao seu fin. Desta forma, pódese seguir dando un servizo loxístico imprescindible para moitas empresas de Vigo e a súa área”, en palabras do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.
Ao que engaden que “nestes momentos, o peirao e a chaira están a ser xestionados directamente pola Autoridade Portuaria e que naquel momento non se outorgara ningunha concesión administrativa para a explotación do mesmo”. Algo que sorprende a alcaldesa Digna Rivas, pois ”continúan sen mencionar á empresa encargada da actividade na zona como é agora mesmo Terminales Atlánticas Vigo, SL. A día de hoxe seguimos sen resposta e continúan ocultando información, negándose a facer as xestións coa autorización do Concello de Redondela”.
Durante a sesión do Consello Digna Rivas tamén puntualizou a súa negativa a calquera tipo de recheos perxudiciais para o medioambiente da zona e por ser coherente con sus manifestacións anteriores o respecto”. Algo ao que engade “pode demostrar coa documentación pertinente”. Os recheos de Bouzas e o do Peirao da pedra en Rande son dúas probas reais dos efectos críticos, permanentes e irreversibles das infraestruturas portuarias sobre a ría, que sepultaron a biodiversidade do leito mariño exterminaron especies produtivas de marisco e destruíronse miles de postos de traballo para transferir valor unicamente á conta de resultados dunha minoría de empresas.
Polo tanto, o Concello de Redondela reafirmase, unha vez máis, no seu rexeitamento a converter o Estreito de Rande, nun espazo industrializado como pretende a APV, ao utilizar o Peirao da Pedra como almacén e taller de reparacións para a empresa Atlánticas Vigo, S.L. que non conta con licencia de actividade do Concello de Redondela. O goberno local reunirse coa Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, as Cofradias de Arcade e Redondela e outros representantes de asociacións afectadas para estudar as vías de actuación ante a actual situación da ría e da Enseada e denunciaron os efectos negativos dos usos irregulares da Enseada de San Simón, por parte da Autoridade Portuaria de Vigo.
Tamén se pronunciou o Pleno Municipal do 08/09/2022 a través da moción “rexeitamento dá actividade industrial impulsada pola Autoridade Portuaria de Vigo no coñecido como Peirao da Pedra en Rande”.
Definitivamente a alcaldesa de Redondela demanda a “paralización inmediata da actividade de estacionamiento de coches no Peirao da Pedra. Así como a súa retirada sen riscos para a circulación e os peóns”.



