Home Pontevedra Redondela e a Asociación Érguete dan continuidade o seu plan para a...

Redondela e a Asociación Érguete dan continuidade o seu plan para a prevención de adiccións nos e nas menores

- Anuncio -

Durante o último curso a Asociación Érguete atendeu a máis de 300 menores e as súas familias no municipio

Redondela e a Asociación Érguete continúan traballando na prevención de adiccións nos e nas menores do municipio. A alcaldesa, Digna Rivas, a concelleira de Educación, Olga García, e a edil de Servizos Sociais, Iria Vilaboa, reuníronse coa coordinadora da Asociación Érguete, Elvira Rivas, e a responsable da Oficina Técnica de Prevención de Érguete, Laura Durán, para analizar resultados e planificar as accións a realizar durante este novo curso.

O plan preventivo de Redondela conta coa colaboración da Asociación Érguete dende fai varios anos, e conta coa financiación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Xa son moitos e moitas as menores e as familias que participaron en actividades coa entidade. Só no último curso máis de 300 menores e as súas familias. A alcaldesa destaca estas cifras como unha mostra do “bo traballo que se está a facer”, ao tempo que incide na “necesidade de seguir traballando no campo das adiccións para aportar ferramentas á veciñanza contra unha problemática tan grave”.

As formacións que se van impartir este ano nos centros educativos de Redondela xiran, entre outros, nas apostas deportivas e no xogo online. Os programas estarán destinados tanto ao alumnado como ó profesorado dos distintos centros educativos do Concello e seguirase traballando coas familias en diferentes charlas que se impartirán ao longo do curso.

A coordinadora da Asociación Érguete quere agradecer ao Concello de Redondela “a súa implicación coas nosas propostas”, e está convencida que este tipo de políticas preventivas son as “máis axeitadas para traballar no ámbito das adiccións”.

Relacionadas

A Deputación concede 13.000 euros do Plan de Infraestruturas Deportivas á Illa de Arousa...

0
A través deste plan distribuíronse xa máis de 1,8 millóns de euros entre 30 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes A Deputación de...

O BNG lanza unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar a creación de...

0
A primeira mesa informativa para a recollida de sinaturas estará dispoñible o xoves, 25 de abril, a partir das 11:00 horas na rúa Almuíña O...

O BNG organiza este venres en Soutomaior un acto sobre a importancia da Atención...

0
O BNG de Soutomaior vén de anunciar que levará a cabo un acto informativo sobre a importancia da Atención Primaria este venres, 26 de...

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas