HomePontevedraRedondela esixe unha “resposta universal”  á violencia machista

Redondela esixe unha “resposta universal”  á violencia machista

- Anuncio -spot_img

A praza do Concello de Redondela acolleu este mediodía o acto institucional co gallo da conmemoración do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A alcaldesa, Digna Rivas,  lembrou que no que vai de ano son xa 39 as mulleres asasinadas en España pola violencia machista, e suman 1.333 desde que hai rexistros, unhas cifras que cualificou de “arrepiantes” e que obrigan a todas administracións, colectivos e ao conxunto da sociedade a “non mirar para outro lado”.

A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, foi a encargada de presentar o acto, no que participaron as asociacións Andaina, Lenda, o CEIP Sta Mariña, o IES Mendiño e os Centros de Día, así como numerosos veciños e veciñas que se sumaron á conmemoración. A encargada de ler a Declaración Institucional polo 25N foi Soledad Chayán, “muller exemplo de emprendemento e compromiso con Redondela”.

A artista Iria Sobrado representou a obra “Coida o que amas”, unha  simbólica performance na que reflectiu a dor que sofren as mulleres vítimas da violencia, e o colectivo As Mulleres Silenciadas presentou unha peza creada por elas chamada “A Mordaza”.

A alcaldesa, Digna Rivas, foi a encargada de pechar as intervencións. Advertiu no seu discurso que “a violencia machista existe, e non retrocede, unha realidade teimuda que deixa cifras de vítimas que son arrepiantes”. Rivas reafirmou “o compromiso de Redondela coa erradicación da violencia de xénero” ao tempo que pediu o compromiso de todas as administracións e toda a sociedade “porque só remataremos coa violencia machista traballando unidos, sen mirar outro outro lado”. Puxo o foco na necesidade de avanzar “na prevención e a educación da mocidade” e lembrou que desde o Concello de Redondela existe un “compromiso firme” con obradoiros nos colexios e institutos ao longo de todo o curso. Rematadas actividades na praza do Concello, realizouse a ofrenda floral no Salgueiral, ante a árbore ginkgo biloba na memoria das vítimas.

As actividades co gallo do 25N continuarán mañá mércores día 26 coa Escola de Familias “Previr desde o Fogar”. Abordarase a educación afectiva-sexual na etapa de Secundaria, e a cita é no IES Chapela ás 17.00 horas. O V Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista será o venres 28 na Oficina de Turismo (rúa Isidoro Queimaliños). ás 10.30 horas.

Primeiro Ciclo de Teatro Mestra Paulina

“DeSexo”. Talia Teatro. Domingo, 30 de novembro. Auditorio Multiúsos da Xunqueira. 18:00 horas.

“Sophie”. Redrum Teatro. Sábado, 13 de decembro. Auditorio Multiúsos da Xunqueira. 20:00 horas.

Ao longo do curso 2025/2026 realízanse os obradoiros de “Falemos de Sexo”, “Prevención de Trastornos de Condutas Alimentarias: violencia estética” e “Pataformas dixitais e sexualidade” para o alumnado dos centros escolares do Concello.

Publicacións Relacionadas