Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Redondela prepara un Samaín terrorificamente divertido

Redondela prepara un Samaín terrorificamente divertido

- Anuncio -
  • O Concello de Redondela prepara para o 31 de Outubro un amplo programa de actividades para todos os públicos con obradoiros de cabazas, maquillaxes terroríficas, pasarrúas, túnel do terror e visita guiada ao cemiterio dos Eidos.
  • A alcaldesa, Digna Rivas, destaca que se trata dunha xornada de festa con actividades para nenos e nenas, pero tamén para a mocidade e adultos. A programación repártese en diferentes localizacións como o Multiusos de Chapela, o Multiusos da Xunqueira, o paseo do Maceiras, o cemiterio dos Eidos e cun pasarrúas que percorrerá o centro da vila.

O Concello de Redondela presenta as actividades para a celebración do Samaín, unha divertida festa popular para público de todas as idades que terá lugar no municipio na véspera de Defuntos, o xoves 31 de Outubro. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que se desenvolverán actividades ao longo de toda a tarde en diversos puntos da localidade. A programación comezará cos obradoiros nos Multiúsos de Chapela e da Xunqueira de 17.00 a 20.00 horas. En Chapela a diversión está asegurada durante estas tres horas nas que os máis pequenos poderán participar o obradoiro “Fai a túa cabaza de Samaín. A concelleira Rita Pérez explica que nenos e nenas “poderán deixar voar a súa imaxinación e crear as súas propias cabazas de Samaín, enchéndoas de cor e maxia para levar a casa e como un recordo desta noite tan especial”. Na Xunqueira, ademais do obradoiro de cabazas, tamén haberá talleres de “Maquillaxe de terror” e chapas. Aquí, os pequenos artistas poderán transformarse en criaturas aterradoras coa axuda de maquilladores expertos, que lles darán trucos e técnicas para unha maquillaxe aterradora.

Túnel do Terror Desde as 18.30 até as 21.30 horas o Paseo do río Maceiras transformarase nun arrepiante túnel no que os máis atrevidos poderán experimentar un mundo de misterio e suspense. Haberá sorpresas e desafíos a cada paso. Pérez Táboas advirte que se trata dunha experiencia “intensa”, polo que está dirixida a público a partir dos 13 anos ou menores acompañados dun adulto.

Pasarrúas SubUmbra
A animación polas rúas na noite máis terrorífica do ano correrá a cargo de Troula Animación co seu espectáculo “SubUmbra”. Uns seres descoñecidos que deambulan sen rumbo entre as tebras esperan o seu momento para facerse ver e crear o caos. Polas rúas de Redondela deixaranse ver “Lobisome” e “Nosferatu”, con Rex e Xuno completando esta comitiva das sombras, achegando faíscas, luz e lume ao percorrido. O pasarrúas comezará ás 19.30 desde a Praza de Ribadavia.

Visita ao Cemiterio dos Eidos
As supersticións, crenzas e lendas da noite de defuntos cobrarán vida no cemiterio dos Eidos. Nunha visita guiada a partires das 20.00 horas os participantes poderán gozar dos misterios deste fermoso e terrorífico camposanto e coñecer as súas tradicións ancestrais. Actividade para adultos con inscrición previa..

Todas as actividades son de balde. Máis información chamando ao teléfono 986 401 713 ou enviando un correo electrónico a turismo@redondela.gal.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas