HomePontevedraRedondela reafirma o seu compromiso coa diversidade no día do Orgullo

Redondela reafirma o seu compromiso coa diversidade no día do Orgullo

- Anuncio -spot_img

– O Concello de Redondela reafirma o se compromiso coa liberdade e a diversidade neste 28 de xuño, Día do Orgullo LGTBIQ+. A alcaldesa, Digna Rivas, lembra que Redondela promove “a tolerancia e a igualdade de dereitos”. Advirte Rivas que “só con respecto e tolerancia poderemos alcanzar unha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaria”.

– A concellería de Igualdade, coa colaboración de Paula Amoedo, está a restaurar os murais da Senda Verde de Chapela que sufriron ataques vandálicos e fascistas. Son graffitis realizados en anos anteriores coas cores do arco da vella e que representan o compromiso “coa liberdade, a diversidade sexual e o respecto a todas as minorías”. 

O Concello de Redondela reafirma o seu apoio á diversidade co gallo da celebración o 28 de xuño do Día do Orgullo LGTBIQ+. A concellería de Igualdade, que dirixe Iria Vilaboa, está a traballar na recuperación dos murais realizados nos últimos anos pola artista redondelá Paula Amoedo. Os deseños, nos que participou a mocidade do grupo “Axentes do cambio”, sufriron ataques vandálicos. O graffiti máis afectado é unha intervención representa unhas ás coas cores do arco da vella e que foron manchadas por riba de negro. Tamén apareceu pintado coa bandeira de España un puño multicor que acompaña á lenda “Chapela Orgullo”. A acción dos vándalos, nos muros do antigo apeadeiro de Chapela, estragou en varias ocasións o traballo e compromiso da artista e da mocidade “coa diversidade sexual e o respecto a todas as minorías, visibilizando neste caso ao colectivo LGTBIQ+”, lamentan desde o goberno local. Desde o Concello recuperaranse estes murais “vítimas de ataques fascistas” e volverán amosar “o orgullo da cidadanía redondelá por unha sociedade diversa e tolerante”. A alcaldesa, Digna Rivas, lembra que Redondela sempre defendeu “a diversidade, a tolerancia e a igualdade de dereitos”. Insiste Rivas no convencemento de que “só co respecto e a tolerancia poderemos alcanzar unha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaria”. O Concello anima á veciñanza a sentir “o orgullo de vivir nun dos municipios que máis respectan os dereitos das persoas LGTBIQ+, que apoia asociacións e colectivos minoritarios e que conta con bancos arco iris e coa bandeira trans nas parroquias, colexios e institutos, ademais da gran bandeira da Xunqueira e graffitis coas cores LGTBIQ+ en Chapela e Redondela.

Publicacións Relacionadas