HomePontevedraRedondela rende homenaxe a Antón Cabaleiro

Redondela rende homenaxe a Antón Cabaleiro

- Anuncio -spot_img

– A cita será no paseo marítimo de Chapela o 24 de xullo coa participación de Treixadura, Froles Mareliñas e Cantatorrella. Digna Rivas destacou “o compromiso vital de Antón Cabaleiro coa música galega, coa cultura do país e, sobre todo, a súa bondade e o carácter afable que o definían como un dos bos e xenerosos”.

O vindeiro 24 de xullo, véspera do Día de Galicia, o paseo marítimo de Chapela será escenario dunha emotiva xornada. Redondela renderá homenaxe a Antón Cabaleiro, veciño de Chapela, músico e unha das voces de formacións como Treixadura, A Roda ou Froles Mareliñas, entre outras. Cabaleiro, falecido ha case dous anos, foi tamén concelleiro no Concello de Redondela.

A alcaldesa, Digna Rivas, presentou a homenaxe xunto á concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas, Gustavo Cuntín, membro de Treixadura, e Antonio Cabaleiro, concelleiro e fillo do homenaxeado.

Rivas destacou “o compromiso vital de Antón Cabaleiro coa música galega, coa cultura do país e, sobre todo, a súa bondade e o carácter afable que o definían como un dos bos e xenerosos”. A alcaldesa sinalou que “aqueles que tivemos a fortuna de coñecelo persoalmente lembramos a Antón como un entrañable veciño e un gran compañeiro, ademais de ser unha recoñecida figura da música galega”.

A xornada comezará co concerto do grupo redondelán Cantatorrella ás 21.00 horas. O acto institucional de homenaxe será ás 22.00 horas, para dar paso despois á recoñecida formación Treixadura. Tamén participará na homenaxe a agrupación Frores Mareliñas, de Chapela, de que Antón Cabaleiro foi membro e director.

Publicacións Relacionadas