HomePontevedraRedondela restaura os xigantes do simbólico Meco

Redondela restaura os xigantes do simbólico Meco

- Anuncio -spot_img

– A concellería de Cultura de Redondela encargou os traballos de restauración dos xigantes do Meco exposto nos xardíns do Multiúsos da Xunqueira. É un dos elementos de Redondela máis fotografado por peregrinos e visitantes. Trátase da figura realizada no Entroido de 2021, durante a pandemia, que foi indultada das lapas e representa os símbolos de Redondela: o viaduto, a Coca e os xigantes.

– A restauración realizouna Rubén Casal, artista redondelán autor do Meco.  Os traballos incluíron a limpeza, reparación de desperfectos, impermeabilización e pintado completo dos xigantes. Tamén se reforzou a estrutura “para que sexa máis robusta e duradeira”.

A concellería de Cultura de Redondela rematou os traballos de restauración dos xigantes do Meco exposto nos xardíns do Multiúsos da Xunqueira. É un dos elementos de Redondela máis fotografado por peregrinos e visitantes. Trátase da figura realizada para o Entroido de 2021, durante a pandemia, que representa  os símbolos de Redondela: o viaduto, a coca e os xigantes. O seu autor é Rubén Casal, artista redondelán que desde hai anos é o encargado de realizar o Meco. A obra foi indultada das lapas, e realizouse con materiais duradeiros para que resistise ao aire libre. A concelleira de Cultura, Rita Pérez, explica que a idea é que a obra durase uns meses, como símbolo da veciñanza de Redondela na pandemia, pero perdurou moito máis. Os xigantes da escultura son unha réplica exacta realizada por Casal dos orixinais, que saen en desfile nas festas locais.

Neste 2025, logo de catro anos á intemperie, o Concello encargou a súa restauración “para que volva lucir en todo o seu esplendor e dure moitos anos máis”, explica Pérez Táboas. Rubén Casal, xunto con Carmen Filgueira e Olalla Domínguez, foron os encargados da recuperación destas pezas. Comezaron a restauración das pezas a comezos de mes coa limpeza e retirada da pintura en mal estado dos xigantes. A restauración incluíu o arranxo de pequenos desperfectos, a aplicación de impermeabilizantes para maior durabilidade, a restauración de tecidos e o pintado completo dos xigantes. Tamén se reforzou a estrutura “para que sexa máis robusta e duradeira”.

Redondela pon así en valor este Meco que tanto éxito alcanza entre veciños e visitantes. Os xigantes orixinais, que están expostos dentro do Multiúsos, foron creados artesanalmente na década dos anos 70. En 2019 foron restaurados por Casal para a Festa da Coca.

Publicacións Relacionadas