HomePontevedraRedondela vese na obriga de adiar a contratación de persoal municipal por...

Redondela vese na obriga de adiar a contratación de persoal municipal por unha decisión da Deputación

- Anuncio -spot_img

– O Concello de Redondela debe atrasar a contratación de 11 persoas para prestar servizos municipais pola decisión da Deputación de Pontevedra de adiar a aprobación da subvención para este municipio. Esta circunstancia vai dificultar que o persoal poida gozar do contrato máximo de 9 meses que establece a axuda.

– Rivas explica que a partida destinada ao Concello de Redondela ao abeiro  do Plan + Provincia retirouse da orde do día da Xunta de Goberno da Deputación o pasado 20 de febreiro “sen que houbese ningunha razón técnica que o xustifique”. Os contratos serán para 6 peóns de servizos varios e 2 axudantes  do servizo de electricidade.

O Concello de Redondela deberá atrasar a contratación de 11 persoas pola decisión da Deputación de Pontevedra de adiar a aprobación da subvención para este municipio. Esta circunstancia vai dificultar que o persoal poida gozar do contrato máximo de 9 meses que establece a axuda provincial. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que a partida destinada a Redondela ao abeiro  do Plan + Provincia ía ser aprobada o pasado 20 de febreiro, tal como estaba previsto na Xunta de Goberno da Deputación. Con todo, a partida para Redondela retirouse da orde do día “sendo o único Concello que quedou fóra” denuncia a alcaldesa, “sen que houbese ningunha razón técnica que o xustifique”. Os contratos son para 2 axudantes do servizo de Electricidade e 6 peóns de servizos varios, cunha duración de 9 meses, e 3 guías de Turismo cunha duración de 6 meses. O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, sinala que os máis prexudicados van ser os propios traballadores e traballadoras “que no va poder gozar do contrato laboral máximo de 9 meses que establece esta axuda, e polo tanto cobrarán e cotizarán menos días”. Os prazos que establece a Deputación sempre son “moi axustados” para poder facer a selección de persoal coas probas e os prazos que establece a lexislación. Villar, de quen dependerán a maioría do persoal, advirte que ao ter este ano aínda menos tempo “será moi difícil que os contratos poidan estar feitos o 1 de abril”. Desta maneira hai poucas probabilidades de que o persoal poida gozar do contrato máximo de 9 meses, porque deben rematar o 31 de decembro.

Finalmente a axuda económica para a contratación aprobouse o día 27 “no remate do mes de febreiro e sen tempo material para a tramitación dos contratos”, sinala Rivas. Ao Concello de Redondela correspóndelle unha subvención de 247.823 euros  por parte da Deputación para estes contratos, e a achega municipal ascende a 11.774 euros.  No caso dos peóns a actividade principal serán tarefas de mantemento e reparación relacionadas coa limpeza, mantemento e conservación das rúas, prazas e instalacións municipais. Os 2 de Electricidade darán apoio ao do servizo eléctrico municipal. No caso de 3 guías de Turismo a actividade principal será apoiar a dinamización turística do Concello, atender á cidadanía na Oficina de Turismo e no Centro de Interpretación de Rande, facilitar  información sobre o patrimonio de Redondela e planificar rutas e visitas guiadas.

Publicacións Relacionadas