Redondela vixía a súa costa, polo de agora libre de pellets

adminON
Lectura mínima de 2

A concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela está a facer unha vixilancia constante de todo o litoral do municipio ante a ameaza de contaminación polos pellets sintéticos que están a chegar a diferentes puntos da costa galega. A concelleira Pilar Martínez informa que, polo de agora, “non se rexistrou presenza destas bólas de plástico en ningunha das praias de Redondela”. Con todo, desde o Concello está vixilantes e facendo un seguimento continuo o obxectivo de actuar “de inmediato” no caso de que se rexistrase a chegada de pellets ás nosas praias. Martínez lembra que no caso de que algún veciño atope restos deste tipo debe poñerse en contacto co Concello ou co servizo 112 para dar conta do achado. A concelleira advirte que existe un protocolo para a recollida destes pellets que se está a difundir a través das redes con recomendacións como o uso de luvas ou a recollida co peneiras para filtrar a area.
Ao igual que no resto da ría de Vigo mantense a alerta desde o pasado mes de decembro, alagaron a costa de Muros, Noia, Oleiros, Outes e a Mariña lucense, procedentes dun colector perdido por un buque en alta mar. O 112 recibiu avisos por presenza de pellets na ría de Vigo nas praias de Canido, Prado e Madorra (Nigrán) e Viñó e Nerga (Cangas), mentres que tamén se detectaron en Area dos Cans, na Illa de Ons. Polo de agora a costa de Redondela está libre da marea de bólas de plástico.

Comparte este artigo