Home Pontevedra O Condado Reformas na zona deportiva do Parque Público a Canuda

Reformas na zona deportiva do Parque Público a Canuda

- Anuncio -

O Concello de Salvaterra de Miño ven de rematar a obra de reparación do valado da pista polideportiva do Parque Público A Canuda. Deste xeito, a pista luce unha imaxe máis rexuvenecida e segura para a práctica deportiva.

Por outra banda, tamén están a rematar as obras na zona da piscina, onde se está cambiando o peche perimetral, as aceras e procederase a replantar toda a zona de herba, obra que confiamos se a situación sanitaria o permite poidamos desfrutar para o próximo verán..

Antes de final de ano procederase á instalación de tres plataformas de “skate” na zona do foso, para completar un espazo moi utilizado por numeroros rapaces e rapazas.

Para rematar, se procederá tamén a cambiar a rede que rodea as pistas de tenis, modernizando a contorna deportiva de toda a zona e lucindo unha imaxe renovada e práctica.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas