Home O Salnés Cambados REGRESA "CAMBADOS HISTÓRICA", A RECREACIÓN DA VILA DOS SÉCULOS XVI E XVII

REGRESA “CAMBADOS HISTÓRICA”, A RECREACIÓN DA VILA DOS SÉCULOS XVI E XVII

- Anuncio -
  • Desenvolverase os días 5, 6 e 7 de maio

Cambados volverá a recrear o momento de auxe do mercado de Fefiñáns e a importancia que tivo para a vila e a comarca coa celebración da segunda edición de “Cambados Histórica”.

A Praza de Fefiñáns encherase durante a fin de semana do 5 ao 7 de maio de mercaderes e artesáns que reproducirán un dos mercados máis importantes do Salnés e da ría de Arousa durante os séculos XVI e XVII, xa na Idade Moderna.

Postos de comida, música e animación e espectáculos de circo e lume completarán o evento organizado pola Concellería de Cultura, no que a ambientación estenderase ata o centro de Cambados e San Tomé.

O mercado inaugurarase o venres 5 de maio, ás 19 horas, con ambientación musical, dragón incluído, e o Contacontos “Ashdrok a árbore”.

Posteriormente terá lugar unha Ruada musical dende Fefiñans ata a Praza de Alfredo Brañas, e espectáculos de música, circo e lume ata que peche o mercado ás 22.30 horas.

O sábado, 6 de maio o mercado abrirá de novo ás 11 horas cunha completa axenda de actividades por diante.

11:00 Apertura do mercado 11:30 Os Viaxeiros de Mundos

12:00 Ruada musical de San Tomé ata Fefiñáns 13:00 Ashdrok, a árbore contacontos

13:30 O dragón e os seus músicos. A gozar! 13:45 Espectáculo de circo. Trasgos do aire.

Trala parada para o Xantar, o programa reanúdase.

18:00 Bosque Encantado

18:30 O ritmo está na rúa de San Tomé ata Fefiñáns 20:00 Os Bufóns da corte

20:15 O dragón e os seus músicos. A gozar! 21:30 Ruada musical de San Tomé ata Fefiñáns

22:00 Nómades do Vento, espectáculo de circo e lume.

O domingo, 7 de maio, trala apertura do mercado ás 11 horas:

11:30 Os Viaxeiros de Mundos de San Tomé ata Fefiñáns 12:00 O ritmo está na rúa de San Tomé ata Fefiñáns 12:30 Ruada musical de San Tomé ata Fefiñáns

13:00 Ashdrok, a árbore contacontos

13:30 O dragón e os seus músicos. A gozar! 13:45 Espectáculo de circo. Trasgos do aire.

Trala pausa para o Xantar ás 14.30, reanúdanse as actividades.

17:30 Ruada musical de San Tomé ata Fefiñáns 18:00 Bosque Encantado

19:00 O dragón e os seus músicos. A gozar! 20:00 Os Feiticeiros

21:30 Ruada de despedida. Música e personaxes!

E todos os días, en horario do mercado, recuncho infantil con xogos e atraccións ecolóxicas.

Ademais, a partir do martes 2 de maio haberá traxes históricos para ser alugados por quen o desexe no local de Zona Centro situado na rúa Nova de Cambados. Dende a concellaría de Cultura anímase a cambadeses e cambadesas a revivir durante esa fin de semana unha época histórica para Cambados. “Queremos consolidar esta celebración que encaixa moi ben coa historia da nosa vila. Cambados ten potencial para ter unha feira histórica de relevancia e ser un referente tamén neste ámbito festivo”, manifestou Tino Cordal.  

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas