Home Pontevedra Reguera afirma que o proceso de selección da mestra do obradoiro foi...

Reguera afirma que o proceso de selección da mestra do obradoiro foi un proceso administrativo e nega calquera responsabilidade política

- Anuncio -
  • O edil explicou que o tribunal de cualificación estaba formado por persoal técnico de tres organismos diferentes, polo que non se pode responsabilizar ao goberno local
  • O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, saíu ao paso esta mañá das declaracións do portavoz do Bloque Nacionalista, Manuel Lourenzo, sobre a sanción imposta á Xunta de Galicia e aos concellos de Soutomaior e Pazos de Borbén polo lucro cesante dunha aspirante a profesora no obradoiro de emprego organizado polos tres organismos.
  • “Nótase que a campaña electoral xa está a comezar”, indicou Reguera sobre as críticas nacionalistas. “Só iso explica que a oposición queira responsabilizar ao goberno local cando o tribunal cualificador dese proceso estaba formado por persoal técnico de tres institucións diferentes, unha delas a Xunta de Galicia, e non había nin un só cargo político do Concello de Soutomaior”, apuntou o edil.
  • Do mesmo xeito, “A sanción vén dada por un problema no prazo no que foi publicada a resolución na que se facía pública a corrección da nota desta aspirante por problemas de transición, segundo argumentou a comisión mixta no seu momento“, explicou Reguera indicando que “a oposición quere sacar rédito político dunha cuestión puramente administrativa e allea ao goberno local”.

Relacionadas

O Concello de Nigrán inaugura o muíño de Porto do Molle este sábado con...

0
A festa, aberta a toda a veciñanza, terá lugar a partir das 11:30 horas coa presenza das 'Pandereteiras do Sobreiro', a proxección da curta...

O Concello de Redondela mantense firme na necesidade de recuperar o cargadoiro Coto Wagner

0
-A alcaldesa de Redondela e o novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo mantiveron esta mañá a primeira reunión oficial dende o relevo de...

Máis de 650 escolares asisten este venres ao XV Tui Le no Teatro Municipal

0
É unha xornada de animación á lectura organizada pola Biblioteca Municipal e as bibliotecas escolares Este venres, 19 de abril, celébrase, no Teatro Municipal de...

A xestión do concello permite ao comedor escolar da Lama beneficiarse do programa “Come...

0
Concello, Xunta e CEIP da Lama colaboran para achegar ao alumnado unha dieta san a base de produtos galegos de calidade, proximidade e con...

As elaboracións do Obradoiro de Emprego de Pesca serán doadas ao Comedor Social

0
A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, visitou recentemente as prácticas de fileteado de peixe que se están a desenvolver no Espazo Emprendedor  A pasada...

O Concello licitará 8 postos nas Prazas de Abastos de Marín e Seixo

0
A Xunta de Goberno Local deu luz verde aos pregos que rexerán o concurso público. Son 4 postos en cada un dos mercados, destinados...

Publicacións Relacionadas