HomePontevedraO CondadoRematada a pavimentación en Aldea e Cotodouro no parroquia de Alxén, obras...

Rematada a pavimentación en Aldea e Cotodouro no parroquia de Alxén, obras enmarcadas dentro do Plan Camiña Rural 2025-2026

- Anuncio -spot_img

O Concello de Salvaterra de Miño ven de rematar as obras enmarcadas dentro da anualidade 2026 do Plan Camiña Rural, neste caso coa mellora de firme en Cotodouro, coa limpeza das marxes e apertura de cunetas existentes ao longo dos 235 metros de lonxitude que abarca a actuación, e cun ensanche importante en máis da metade do camiño co fin de permitir un tránsito cómodo e seguro.

Tras a execución destes traballos procedeuse a compactación da capa de asfalto, un total de 1.256,25 m², aumentando a anchura media do camiño ata uns 5,35 m coa creación de 115 m de cuneta de formigón. Ademais de recrecer as dúas tapas de rexistro existentes ao longo do camiño e proceder ao pintado da sinalización horizontal.

Estas obras únense as xa realizadas a finais de 2025 na vía principal de Aldea e que suman unha inversión de máis de 68.000 euros financiado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Publicacións Relacionadas