A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, visitaron este espazo urbano, que mellorou a súa mobilidade con esta actuación e onde se reforzou a seguridade viaria.
A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, visitaron esta semana os traballos de renovación do pavimento no Camiño dos Sapos e na Rúa Coteiros,
recentemente finalizados. Este proxecto forma parte da aposta polo Goberno local de mellorar a mobilidade, a accesibilidade e a seguridade viaria dos veciños no termo
municipal, facilitando a convivencia e o goce do espazo público.
Estes dous camiños pertencen á parroquia de Santa María do Porto e agora contan co seu
pavimento integramente o seu pavimento e a súa sinalización.
A lonxitude aproximada do tramo a renovar é de 242 metros, aos que se deben sumar
outros 44 metros dun ramal secundario que tamén será obxecto de renovación.
A actuación estivo motivada polo mal estado no que se atopaba este área debido ao uso,
ao paso do tempo e aos efectos derivados dos fenómenos meteorolóxicos. Coa mellora
non se viu afectado o actual espazo adicado ao estacionamento.