HomePontevedraO CondadoRematadas as obras de dixitalización de catro estacións de bombeo de augas...

Rematadas as obras de dixitalización de catro estacións de bombeo de augas residuais

- Anuncio -spot_img

O Concello de Salvaterra de Miño ven de rematar as obras de dixitalización de catro estacións de bombeo de augas residuais, obra financiada a través da subvención para a execución de actuacións encamiñadas a reducir as infiltracións nas redes de saneamento municipal, da Xunta de Galicia no Marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea – NEXGENERATION EU por un importe de 44.440,19 euros.

No ano 2024 Salvaterra de Miño realizaba unha auditoría municipal da rede de saneamento para a detección de infiltracións que marcaba os pasos a seguir para mellorar a rede municipal.

A través desta subvención o Concello centrou as súas primeiras actuacións na dixitalización de catro estacións de bombeo de augas residuais (EBAR) co fin de mellorar a xestión dixital do ciclo urbano da auga e mellorar a súa vez o control e a calidade das augas nos vertidos de augas residuais. Os bombeos obxecto das actuacións foron os de Fornelos, Cordeiro, Pesqueiras e Alxén; onde se substituíron os cadros eléctricos, instalando un sistema de telexestión e supervisión remota de funcionamento e fallos do mesmo, un sistema de visualización de nivel e un sistema de control de niveis.

O proxecto desta actuación ascende a máis de 60.000 euros, cunha aportación municipal de preto de 18.000 euros.

Publicacións Relacionadas