O Concello de Salvaterra de Miño ven de rematar a actuación de mellora do acceso ó Polígono Chan da Ponte, unha obra de máis de 149.000 euros cofinanciada a través das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos Parques Empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, por un importe de 119.956,06 euros e polo Concello de Salvaterra de Miño en preto de 30.000 euros.
Con estas obras mellórase o acceso ó Polígono Industrial Chan da Ponte, un polígono que conta cunha superficie de 275.000 m² e unha superficie neta industrial de 156.111 m², cunha opupación do 83% e un total de 40 empresas desenvolvendo a súa actividade.
As actuacións consistiron na mellora do firme no acceso ó Polígono e de dous viais internos, ademais da construción de dous tramos de beirarrúa de formigón en cor e a colocación de bolardos, co fin de mellorar a seguridade dos peóns, especialmente nenos e nenas que se desprazan andando ó IES Salvaterra de Miño, executando tamén melloras na drenaxe de augas pluviais.



