HomeO MorrazoMarínRematado o proxecto de mellora do saneamento e o abastecemento en Arealonga...

Rematado o proxecto de mellora do saneamento e o abastecemento en Arealonga – O Marco

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa, María Ramallo, acompañou ao concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, para comprobar o resultado final desta intervención, que supuxo unha inversión de cerca de 40.000 euros.


A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, visitaron hoxe
o proxecto rematado no Camiño de Arealonga – O Marco, na parroquia de San Xulián,
grazas ao cal se melloraron as condicións de habilitabilidade desta zona, mellorando os
servizos municipais de saneamento, abastecemento e accesibilidade.
Con esta obra tamén se renovou o pavimento desta estrada e se realizou un desbroce e
limpeza de todo o terreo, retirando a maleza e o material de refugallo.
O proxecto foi levado a cabo pola empresa Construcciones Vale SL por un importe total de 37.954,56 euros (IVE incluído).

Publicacións Relacionadas