• Este lugar é o que máis medrou nos últimos anos e ten uns 30 nenos e nenas que se beneficiarán da instalación desta infraestrutura
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, inspeccionou o remate do pioneiro parque infantil de Parada de Tenorio cun custe que ronda os 60.000 euros, financiados íntegramente pola Xunta de Galicia e a Deputación grazas á xestión do Concello e que, deseñado pola arquitecta local María García, pretende lograr a integración medioambiental desta infraestrutura co seu entorno natural.
Segundo manifestou o alcalde Jorge Cubela “trátase dun parque infantil, único, pioneiro, singular e co que procuramos non romper co entorno e que estamos seguros que será un exemplo e un modelo a seguir e imitar por outros concellos. Logramos unha integración total entre un espazo natural único seguindo un proxecto técnico dunha arquitecta local, María García, que buscou en todo momento a integración patrimonial para que as familias poidan vir a este lugar a disfrutar da paisaxe e tamén de momentos de lecer en harmonía coa natureza”.
Escolleuse Parada de Tenorio para crear esta área infantil pioneira polo crecemento sostible e continuado dos últimos anos que fai que este lugar conte cunha trintena de nenos e nenas. “De todos os xeitos esta infraestrutura está pensada para que sexa disfrutada polas familias que se acheguen ata aquí e non so os residentes nesta zona. É un proxecto no
que se vai fixar moita xente porque defende os valores que desde o equipo de goberno estamos a promover de integración paisaxística e de respecto ao entorno, en definitiva, valores medioambientais”.
Cubela agradeceu tamén a colaboración activa da Comunidade de Montes de Tenorio, que cedeu os terreos xunto ao campo da festa, para que este parque infantil pioneiro en Galicia fora unha realidade e tamén á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra que a través dos seus programas de axudas aportaron a totalidade dos casi 60.000 euros que costou esta infraestrutura sin que o Concello tivera que facer ningún desembolso económico.



