- O 27 de abril homenaxeamos á Lamprea no Restaurante os Pirus.
- O prazo de reserva finaliza o 24 de abril e o prezo por comensal ascende a 85€- que poden ingresar na conta Abanca 2080-5011-88-3040013796.
- Para os amantes do bo comer a visita a Arbo non pode faltar na súa lista, pois temos un prato típico que han de probar.
Un ano máis, coincidindo coa Festa da Lamprea, que este ano celebramos entre o 26 e o 28 de abril, o Concello de Arbo, organiza o “Xantar da Lamprea” onde homenaxeamos á nosa raíña do Miño por excelencia: “A Lamprea”
O vindeiro sábado 27 de Abril de 2024 ás 15.00 horas no restaurante “Os Pirús”, quiene queiran acudir á nosa gran cita coa gastronomía e degustar a lamprea, ten no Restaurante “Os Pirus” a oportunidas
Os interesados en acudir teñen de prazo ata o 24 de abril para realizar o pago de 85€ por comensal, ingresar na conta Abanca 2080-5011-88-3040013796, indicando nome e apelidos dos comensais. O menú é igual de completo e saboroso que en edicións anteriores e inclúe:
PRIMEIRO PRATO : Empanada de Lamprea do Miño. Lamprea Seca con Fideos e Tirabequees. Lamprea do Miño “Estilo Arbo”, con arroz e picatostes
SEGUNDO PRATO: Cabrito de San Fins e Espaldilla de Tenreira Galega ao forno con guarnición
Auga, Refrescos e Viños Condado e Albariño con D.Ou Rías Baixas. Sobremesa: Leite Frito, café e licores galegos.
Este tradicional xantar, supuxo no ano 1961 a orixe da Festa Gastronómica máis antiga de Galicia, cando un grupo de veciños e responsables de varios restaurantes e adegas organizaron a primeira edición co obxectivo de dar a coñecer este singular produto así como os excepcionais viños do municipio, hoxe acollidos á citada Denominación de Orixen Rías Baixas.
Desde entón, Arbo celebra ininterrompidamente a súa festa máis importante do ano, declarada de Interes Turistico Internacional, o que supón o máximo recoñecemento e distinción honorifica no turismo.
A LAMPREA: A nosa identificación, porque desde hai décadas asóciase a lamprea a Arbo, moitos dixeron que Arbo é sinónimo de lamprea e a verdade é que é que se, a nosa historia tamén: A lamprea é un animal prehistórico que suca o río Miño e foi capturado desde sempre polos habitantes de Arbo

