A última crecida do río dá Maré, o pasado inverno, provocou que un dos tramos da senda fluvial executada no ano 2017, fose danada pola forza da crecida, desprazando a base da pasarela e provocando a súa desestabilización. Sendo o tramo afectado duns 60 metros lineais aproximadamente.
Este é un dos tramos de maior tránsito, conexionando dous puntos da parroquia estratéxicos, que permite unha reducindo notablemente a distancia entre eles. Ademais de facilitar a comunicación sen barreiras arquitectónicas.
Os traballos realizados de urxencia, consistiron no desmonte e almacenamento para a súa posterior reutilización de parte da estrutura, táboas de tránsito e varanda en toda a súa lonxitude, sendo un total de 152 ml.
Reposición da madeira amoreada e substitución da parte danada, reforzando e aparafusando os 152 ml. Permitindo asegurar e certificar lnuevamente a estabilidade do conxunto.
Limpeza, lixado e aplicación de tratamento tipo lasur, sobre toda a superficie, así como a aplicación de tratamento antideslizande, permitindo o seu uso de forma segura.
A obra foi adxudicada en decembro á empresa CODEMA LOMBA S.L., por un importe de 45,459,22 euros.
As obras foron cofinanciadas pola Deputación de Pontevedra, a través dunha subvención polos danos causados polas inundacións e fondos propios municipais.
Segundo palabras do alcalde “as obras de reparación da pasarela, realizáronse coa maior rapidez posible, permitindo novamente que os veciños do Burgo, poidan transitar con seguridade por ela. Acurtando distancia á praia e gozando dun agradeble paseo polo río” .

