Home O Salnés A Illa de Arousa Resposta do alcalde da Illa á intervención de Jorge Cubela (PP) no...

Resposta do alcalde da Illa á intervención de Jorge Cubela (PP) no Pleno da Deputación

- Anuncio -

Estimado Jorge:

Chega aos meus oídos que no último Pleno da Deputación dixeches publicamente que o meu partido cortoume a cabeza. Como non daba crédito ao que me contaban tomeime a molestia de preguntar e, para a miña sorpresa, confirmeino. Aínda así sigo sen se dar crédito de que teñas cometido esta tripla ousadía verbal de descoñecemento profundo das razóns polas que decidín dar un paso ao lado, de falta de cortesía institucional cara a outro alcalde e, finalmente, de falta máis elemental falta de educación.

Para a túa información, a miña cabeza está no mesmo sitio onde estivo sempre, que é cos meus veciños e veciñas, e fisicamente perfectamente unida ao resto do meu corpo. Do meu partido non recibín outra cousa que cariño, apoio e recoñecemento. Se tiveras asistido ao fermoso acto no que confirmei o que xa todo o mundo en Arousa sabía (que non ía continuar en primeira liña da política activa) poderías confirmar que alí estiveron Valentín Formoso, secretario xeral do PSdeG; David Regades, secretario xeral provincial e a miña amiga e presidenta, Carmela Silva. Dixéronme, ademais, que Carmela obrigouche a retirar semellante “faltada” da acta e que ti estiveches de acordo, cousa que che agradezo. Faltaba máis. En Arousa sómosche “ben aghradesidos”.

Din por aí que és moi dado a montar conflictos cos alcaldes e alcaldesas doutros partidos. Vamos, que vas facendo “amigos” por onde pasas. E que non te cortas cando estás diante dun micrófono nun salón de plenos. A min, estimado Jorge, ese xeito de facer política non me gusta, pero o que non che podo tolerar é que fales de min con tanta lixeireza.

Eu nunca ambicionei ser alcalde e nunca ambicionei perpetuarme no cargo. Son unha persoa humilde, un veciño máis. Eu dígoo con convicción, porque é así. Outros dino por dicilo e por que sona ben. A miña proba é que eu, libremente, por decisión estritamente personal e se renunciar a un miligramo da miña militancia socialista, decidín non seguir. E, ademais, vinme refrendado na miña decisión polo feito de contar cun relevo da categoría humana e política de Luis Arosa. Un rapaz moi ben formado, íntegro ata o último pelo da cabeza (el tamén mantén a cabeza no seu sitio) e, sobre todo, cunhas gañas enormes de dalo todo polo noso concello.

Non sei se ti compartes eses valores. Dinme tamén que és moi ambicioso e que aspiras a altos cargos. Eu non. Así que a min o único que me cortan na cabeza é o pelo. E cos anos cada vez vai quedando menos, polo que o barbeiro acaba pronto. As cabezas que peligran, estimado Jorge, son as dos políticos con ambición desmesurada e que aspiran a chegar moi alto.

Recibe un saúdo moi cordial. E moito sentidiño.

Relacionadas

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Obradoiros de tempada para achegar o Mercado de Tomiño á veciñanza

0
A Asociación de Praceiros e Praceiras pon en marcha unha programación trimestral coa que dinamizar a praza de abastos e poñer en valor os...

O británico Tom Glendenning ilustrará este sábado o recinto do skate park de Covelo...

0
A obra "Hai dous futuros" chamará a actuar contra a emerxencia climática tras ser unha das gañadoras do Concurso de Murais "People & Planet"...

Maceira, Covelo, celebra o seu entroido este sábado

0
Será a partir das 17:30 horas cun desfile individual e por grupos, o concurso de baile, batalla de globos xigantes e merenda A parroquia de...

Publicacións Relacionadas