Na xornada de onte deuse conta da actual situación sanitaria de Poio, que é a seguinte:
Segundo información do persoal responsable do Sergas informan que cubriron a praza de Raxó cunha interinidade. Respecto á praza deslizante de Combarro e Anafáns segue sen cubrirse. A praza vacante de mañá de Combarro cúbrese con contratos curtos ou coa ampliación de xornada dos facultativos en activo. Seguen se cubrir as vacacións e as baixas.
O servizo de pediatría conta con dous facultativos.
En base a esta situación decidiuse continuar coas reivindicacións de mellora da atención primaria de Poio. Polo que, acordamos as seguintes accións para os vindeiros meses:
- Facer puntos informativos para completar os pregos de firmas. informarase nos vindeiros días do lugar e data, con tempo suficiente. Incidiuse unha recollida sexa no consultorio de Raxó.
- Apoiar a manifestación do 12 febreiro e facer unha campaña informativa e divulgativa para movilizar o maior número de xente. Habilitaranse autobuses con previsión de saída ás 10:30 de A Seca.
- Apoiar unha moción de maneira conxunta denunciando a situación das urxencias sanitarias da área Salnés-Pontevedra.
Como último punto, douse conta do trámite da adquisición dos terreos da canteira de A Graña para habilitar o novo Centro de Saúde, iniciándose todos os trámites pertinentes para entregar os terreos á Xunta, como requisito manter os consultorios de Raxó e Combarro abertos.



