- A entrada será de balde o próximo sábado 18 de abril ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda
O grupo Noitebras Teatro volve á Guarda o próximo sábado 18 de abril para presentar a súa nova obra neste 2026.
Trátase da peza teatral “Retablo do Esperpento”, na que funde e adapta nunha soa peza dúas obras de Valle-Inclán: “Ligazón” e “Rosa de Papel”.
Nunha familia de meigas, unha moza resístese ás argucias da súa tía, que en conivencia coa nai, argalla para obter beneficio dos agasallos que un rico ofrece a cambio dos favores da virxe. A negativa da moza enfada ás dúas vellas.
Para reafirmarse na súa liberdade, a moza déixase facer as beiras por un humilde afiador, pero unha noite de luada, servíndose dos seus poderes de meiga, adiviña como sería o seu futuro e decide facer un lixeiro cambio de plans no seu destino a través dunha ligazón. Isto é, dun pacto de sangue.
Poderemos desfrutar desta obra o próximo sábado 18 de abril ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda.

