HomePontevedraPontevedraReunión cos veciños de Casimiro Gómez para tratar a reforma integral da...

Reunión cos veciños de Casimiro Gómez para tratar a reforma integral da rúa

- Anuncio -spot_img

O concelleiro Xaquín Moreda mantén este mércores, 17 de setembro, unha reunión no baixo da Igrexa Virxe do Camiño a partir das 20.00 horas.

O concelleiro de Servizos urbanos básicos, Xaquín Moreda mantén este mércores, 17 de setembro, unha reunión coa veciñanza da rúa Casimiro Gómez para presentarlle o borrador de proxecto de mellora da rúa e coñecer as súas suxestións. Será ás 20.00 horas no baixo da Igrexa Virxe do Camiño.

Tal e como anunciara o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores o proxecto ten un orzamento de preto de 1.100.000 euros para reformar integralmente a rúa. A intervención máis urxente é a renovación de todos os servizos soterrados da rúa, xa que é frecuente a rotura da rede de auga potábel porque as canalizacións son de fibrocemento.

O proxecto inclúe, ademais da substitución de todos os servizos soterrados, unha actuación en
superficie ampliando os espazos para os peóns, resolvendo problemas de accesibilidade, instalando mobiliario urbano, colocando nova iluminación e plantando arborado para humanizar e refrescar a rúa no verán. A circulación manterase sen cambios.

Esta actuación farase con cargo ao canon da auga que a empresa Viaqua ten que abonar ao Concello.

Publicacións Relacionadas