HomePontevedraBaixo MiñoReunión informativa en Areas sobre a Senda do Miño

Reunión informativa en Areas sobre a Senda do Miño

- Anuncio -spot_img

Será este domingo ás 10.30 h no Centro Cultural. Vai dirixida ás persoas propietarias das parcelas afectadas

O Concello de Tui avanza na recuperación e posta en valor das marxes do río Miño, continuando a liña de traballo iniciada nos últimos anos. Co obxectivo de completar a senda peonil na ribeira do Miño en todo o termo municipal afronta agora o proxecto do tramo entre a vella Ponte Internacional e Areas até o límite co termo municipal de Tomiño.

En concreto o Concello de Tui presentou a execución deste proxecto á Xunta para a súa execución a través dun obradoiro de emprego, dando continuidade así ao traballo realizado por outros proxectos formativos que executaron a senda do Furnia entre Pexegueiro e Malvas e a senda do Miño entre a Praia de Areeiros e Caldelas.

Deste xeito a nova senda permitirá completar as sendas á beira do Miño  e doutros ríos ofertando espazos accesibles para o lecer, o deporte e o contacto coa natureza.

Para avanzar no proxecto este domingo, 1 de marzo, ás 10.30 h, terá lugar unha reunión informativa no Centro Cultural de Areas á que se convocan ás persoas propietarias das parcelas afectadas por este proxecto da senda do Miño no tramo San Martiño dende a vella Ponte Internacional até Areas.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto a membros do goberno municipal e técnicos, informará directamente ás persoas titulares das parcelas lindeiras co río desta actuación. Nesta xuntanza explicarase o alcance da actuación e as afeccións previstas, nun proxecto que non contempla expropiacións e que suporá un importante avance na posta en valor do patrimonio natural tudense.

Publicacións Relacionadas