HomePontevedraDezaRey 1239 Chief Divina, xovenca Gran Campioa tanto no concurso Autonómico como...

Rey 1239 Chief Divina, xovenca Gran Campioa tanto no concurso Autonómico como no Internacional de Frisón de Abanca Cimag-GandAgro 2025

- Anuncio -spot_img
·       PERTENCE Á SAT REY DE MIÑOTELO, DE A PASTORIZA (LUGO), A CAL TAMÉN SE FIXO CO PREMIO A MELLOR CRIADOR DE XOVENCAS EN AMBOS CONCURSOS
·       NESTA COMPETICIÓNS, QUE ESTÁN TENDO LUGAR AO LONGO OL DÍA DE HOXE NA FEIRA ABANCA CIMAG-GANDARO, DECÍDENSE ESTA TARDE AS VACAS GRAN CAMPIONAS E OS MELLORES CRIADORES

Rey 1239 Chief Divina, da gandería SAT Rey de Miñotelo, da Pastoriza (Lugo), foi a xovenca Gran Campioa tanto no XXXVII Open Internacional “GandAgro” como no XXXII Concurso Autonómico da Raza Frisoa “Fefriga´25”. Ambos están a ter lugar na V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2025, a cal pecha hoxe as súas portas na Feira Internacional de Galicia ABANCA.

No Open Internacional, con premio patrocinado por Ucoga, a esta xovenca Gran Campioa uniuse como Reserva Gran Campioa Marquet Alyson Dynasty, da gandería Cal Marquet, de Pla de Sant Tirs, en Lleida (Cataluña).

En canto ao XXXII Concurso Autonómico da Raza Frisoa “Fefriga´25”, cuxo galardón está patrocinado por Xenética Fontao e Abanca, ademais da Gran Campioa, recoñeceuse á Reserva Gran Campioa, que foi Rey 1246 Dani Brahina, tamén de SAT Rey de Miñotelo.

Ademais, entregáronse os galardóns de Mellor Criadores de Xovencas. Así, no Autonómico o gañador foi SAT Rey de Miñotelo, mentres que co posto de subcampión alzouse gandería O Rubio, de Santa Comba (A Coruña). No Internacional o campión foi tamén SAT Rey de Miñotelo, mentres que o subcampión foi a gandería El Campgran, de Sant Martí Sescorts, en Barcelona (Cataluña).

Vacas campioas e mellores ganderías

Estes concursos morfolóxicos Autonómico e Internacional, organizados pola Federación Frisoa Galega (Fefriga)e a Fundación Semana Verde de Galicia coa colaboración da Consellería do Medio Rural, continuarán no marco da feira esta tarde, cando xa se coñecerán as Vacas Gran Campioas e as Mellores Ganderías de ambos os concursos.

Campionato Puntuable Clube Xóvenes Gandeiros de Galicia 2025

Dentro do programa de concursos de frisón, onte tiveron lugar o XX Concurso de Xóvenes Preparadores, no que venceu Iker García Amarelle, da gandería O Rubio, de Santa Comba (A Coruña); e tamén o XLII Concurso de Xóvenes Manexadores, no que a gañadora foi Alba López López, da gandería Quintián, de O Páramo (Lugo).

Estas dúas competicións incluíronse por primeira vez no Campionato Puntuable Clube Xóvenes Gandeiros de Galicia 2025, o cal se puxo en marcha o ano pasado e está patrocinado pola cooperativa Clun. Os gandeiros ata 25 anos participantes nestas competicións de Abanca Cimag-GandAgro sumarán os puntos que consigan en ambas aos que reciban noutros dous certames centrados en manexo e pelado que se celebrarán en 2025 en Galicia, os cales serán o de Moexmu, en Muimenta (Lugo) e o de Feiradeza (Lalín).  Sumaranse as puntuacións das tres citas e os seis primeiros con maior puntuación participarán no campionato internacional que terá lugar en Bruxelas, o cal xa o ano pasado gañou no seu debut o equipo galego, o cal representaba a España.

Ademais de sumar os puntos obtidos en Abanca Cimag-GandAgro cos outros dous concursos, este Campionato recoñeceu onte ás maiores puntuacións nesta feira cos premios de Campión e Subcampión no marco de Abanca Cimag-GandAgro. O de Campioa foi para María Otero Naval, da gandería Fontixón, de Castro de Rei (Lugo), a cal foi terceira no concurso de preparadores e a segunda no de manexadores.  En canto ao de Subcampión, recibiuno Iker García Amarelle, da gandería O Rubio, de Santa Comba (A Coruña), o cal foi primeiro no concurso de preparadores e sexto no concurso de manexadores.

Publicacións Relacionadas