- O concerto celebrarase ás 22:30h na Alameda da Guarda o venres 22 de agosto
O artista galego Roi Casal visitará A Guarda para ofrecer un concerto neste mes de agosto.
Roi Casal formou parte do grupo galego Milladoiro como arpista dende 2000 até 2009. Xa por solitario cos seus traballos céntrase na música tradicional dende unha perspectiva pop. Son destacábeis as letras de Rosalía de Castro e de Manuel María e do propio artista en varias cancións.
Ademais tamén ten interpretacións en colaboración con Xosé Neira Vilas. Roi Casal fai unha interpretación da música galega dende unha visión contemporáneos. A súa actuación na Guarda será o próximo venres 22 ás 22:30h na Alameda da Guarda.