Para o BNG,que propuxo esta iniciativa, é unha satisfaccióncomprobar que o pleno municipal aprobase por unanimidade a súa moción política.
A conmemoración do 150º Aniversario do primeiro ferrocarril, entre Carril e Cornes, inaugurado o 15 de setembro de 1873, é boa ocasión para pór en valor unha rutacultural “Rosalía de Castro”, unindo Compostela e Vilagarcía pasandopola súa “casa”, en Padrón.
No acto de lembranza e celebración pública que o BNG vén realizando anualmente en conmemoración do xa consagrado Día de Rosalía, cada 23 de febreiro, perante a estatua que honra a súa memoria en Carril, o responsable da organización local en Vilagarcía, Xabier Rodríguez Paz, lembrou a relación que a poeta tivo coa localidade; unha circunstancia que para futuras ocasións, consecuentes coa moción do Grupo Municipal do BNGque a tal efecto foi considerada e aprobada por unanimidade no último pleno corporativo,pide “unha máis intensa implicación da corporación municipal nos actos anuais de divulgación e honra da nosa poeta nacional poñendo en valor esa histórica relación que debería constituír un reto pedagóxico para que toda a cidadanía, especialmente no ámbito educativo, sexa coñecedora do feito da estadía de Rosalía en Carril, e dos lugares que deron acollida e esperanza na recuperación dunha saúde danada de xeito irreversíbel que levaría á morte da poeta pouco tempo despois de gozar dos atributos naturais da beiramar vilagarciá”.
Aínda máis, ao facer aquela histórica viaxe por tren, de ida e volta a casa da súa morada en Padrón,considerando que “estamos no ano da conmemoración do 150º Aniversario da posta en marcha operativada primeira liña férrea, entre Cornes e Carril, que nesta nosa localidade celebrou a inauguración da súa estación o 15 de setembro de 1873, por isoábrese unha magnífica oportunidade para pór en valor unha ruta cultural e turística Rosalía de Castro que una a tres localidades das que marcaron a vida da poeta: Compostela e Vilagarcía, con necesaria parada na Casa da Matanza e Padrón”.



