Home Vigo Mos Roubo gasoil

Roubo gasoil

- Anuncio -

Grazas ao aviso dun particular afectado polos roubos de gasóleo que nos últimos días estaban a producirse, conseguiuse deter a dúas persoas presuntamente implicadas nestes feitos delituosos.

Tras recibir o aviso, axentes da Policía Local, solicitan o apoio da Garda Civil de Mos para seguir ao vehículo ocupado polos sospeitosos, do que se pescuda que figura como roubado.

Seguindo as indicacións do alertante, aproxímanse ao lugar onde se atopaba o vehículo estacionado, que nese momento emprende a fuga, tras un intento errado por parte da Garda Civil de impedir a súa marcha.

Nese momento son alertadas as Policías Locais dos concellos limítrofes de Redondela e Porriño, ao ser as dúas únicas direccións posibles que podería seguir.

Tras unha procura, o vehículo é detectado pola Policía Local de Mos na N550, escondido detrás dun camión, os axentes estacionan a unha distancia prudencial, solicitando apoio á Policía Local do Porriño e á Garda Civil, momento no que os sospeitosos emprenden de novo a marcha, e son acurralados grazas a unha acción conxunta entre as patrullas antes citadas.

Tras a súa detención e nunha inspección ocular obsérvase que o vehículo estaba “ puenteado”, e tanto no maleteiro como no asento traseiro a existencia de garrafas e ferramentas posiblemente destinadas ao roubo de gasóleo.

Os axentes da Policía Local de Mos contaban coa declaración dun veciño que a noite anterior fora testemuña e tomado fotos de como os ocupantes do vehículo subtraían o gasóleo dun camión estacionado próximo á súa vivenda.

Os detidos son postos ao dispor da Garda Civil de Mos

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas