O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu este mediodía en Bueu á Concentración de Moteiros do Morrazo 2022 na que entregou os premios que se concederon nesta novena edición.
A Concentración de Moteiros do Morrazo é unha nova cita que se recupera tras dous anos de parón por mor da pandemia e volve, ademais, a converterse nun encontro que atrae a afeccionados das motos de distintos puntos da xeografía galega ata esta localidade pontevedresa.