Home Pontevedra O Salnés Rueda reúnese co PP de Vilagarcía para coñecer o seu calendario de...

Rueda reúnese co PP de Vilagarcía para coñecer o seu calendario de traballo para os próximos meses

- Anuncio -

• Elena Suárez, Ana Granja, Raúl Santamaría e Juan Andrés Bayón serán os encargados de poñer en marcha a nova xestora do PP local, a finais de xaneiro.

• Márcanse como obxectivo dar a coñecer á persoa candidata ás municipais de 2023 cun ano de antelación.

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, reuniuse onte pola noite co Partido Popular de Vilagarcía para coñecer o seu calendario de traballo de cara os próximos meses. No encontro, no que tamén participaron o secretario xeral provincial, Luis López, e o coordinador na comarca do Salnés, Javier Tourís, acordaron que a deputada autonómica Elena Suárez; a voceira do grupo municipal Ana Granja; Raúl Santamaría, membro da executiva do PP provincial, e Juan Andrés Bayón, serán os encargados de poñer en marcha a nova xestora do PP local a finais de xaneiro. Ademais destas catro persoas, o obxectivo é incorporar ao novo órgano persoas novas pero tamén perfís con experiencia no partido e na política local.

Ademais, tamén marcaron como obxectivo nomear á persoa candidata ás Municipais de 2023 cun ano de antelación, con tempo suficiente para dar a coñecer o seu equipo e o seu proxecto para a cidade.

Rueda destaca que quedan por diante meses de moito traballo, de reforzar aínda máis toda a labor que o PP de Vilagarcía leva facendo durante este tempo, e para iso é fundamental aumentar o equipo e incorporar persoas novas. Incidiu en que non significa prescindir de ninguén, senón ensanchar a base para seguir sumando.

“Temos moito traballo por diante. O PP en Vilagarcía non se detivo en ningún momento, pero queda ano e medio para a vindeira cita electoral e temos que intensificar o noso traballo para recuperar a confianza de todo o noso electorado”, sinala.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas