Home Pontevedra Salceda remata os traballos da primeira fase do mapeo das traídas veciñais

Salceda remata os traballos da primeira fase do mapeo das traídas veciñais

- Anuncio -

Nesta primeira fase traballouse coas traídas de A Feira, A Picoña, Castro Barreiro, Pereiriñas e San Xurxo

Nestes días veñen de rematar os traballos de mapeo, rexistro e xeolocalización das redes de abastecemento de auga das comunidades de usuarios de A Feira, A Picoña, Castro Barreiro, Pereiriñas e San Xurxo. Estes traballos están financiados con cargo aos orzamentos municipais do Concello de Salceda, por un importe total de 29.826,50€, e realízanse en colaboración coas diferentes traídas de augas. A empresa redactora dos traballos estivo en contacto permanente coas diferentes directivas, para deste xeito realizar o mapeo da forma máis real e concisa posible.
Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, definiu a iniciativa como “un xeito práctico de colaborar coas traídas veciñais, cun traballo que resulta fundamental no seu día a día. O Concello asume este proxecto coa intención de que tódalas traídas conten con un documento cartográfico fiable, conscientes de que facilita enormemente os traballos de mantemento, reparacións e mesmo as ampliacións ou modificacións de trazados”.
Lembrou tamén a alcaldesa que este traballo é de grande importancia tamén no proxecto de recuperación dos recursos hídricos ante a seca que o equipo de goberno recollía no seu programa electoral.
Para a realización destes traballos recompiláronse e representáronse, en coordenadas reais e con información descritiva, as conducións e elementos singulares (captacións, arquetas, bocas de incendios, etc.) así como cada un dos contadores, coas súas respectivas titularidades.
Así pois, con este proxecto, as comunidades de augas veciñais e o Concello dispoñen dun visor online, que pode consultarse desde calquera dispositivo. Ademais, se a consulta se realiza dende un móbil ou unha tableta faise por xeolocalización, é dicir, visualízase na pantalla a localización do dispositivo en tempo real.
O traballo resultante permite coñecer as infraestruturas de cada traída así como incorporar todos os cambios que poidan producirse (melloras, novos elementos, incidencias…), actualizándose inmediatamente no visor compartido.
Marcos Troncoso, Concelleiro de Medio Rural, quixo agradecer a implicación das diferentes directivas e o tempo dedicado para que este traballo poida ser xa unha realidade, deixando claro unha vez máis que “o traballo en equipo ofrece sempre os mellores resultados”.

Relacionadas

O BNG pide inspeccións e unha ordenanza que regule o avance descontrolado dos pisos...

0
A fronte nacionalista esixe que o Goberno local actúe dunha vez para frear esta “ameaza ultraespeculativa”, un dos principais obstáculos para acceder a unha...

A Deputación abre a partir deste mércores o período voluntario de pago de taxas...

0
O ORAL encargarase da xestión e recadación dun total de 60 conceptos de taxas de 30 concellos da provincia, que se poderán pagar en...

A Deputación converte a creación contemporánea e a reivindicación de figuras e iniciativas culturais...

0
Rafa Domínguez: “A programación está marcada pola recuperación da Bienal, un acontecemento moi importante desde o punto de vista artístico, cultural e turístico” Xunto á...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas...

0
O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as...

Charla informativa sobre acollemento familiar no Centro Cultural Municipal do Porriño

0
• Será este xoves, 6 de febreiro, ás 18.00 horas Estás pensando en acoller pero non tes claro como facelo? Non sabes en que consiste...

A corporación municipal aproba por unanimidade instar á Xunta de Galicia a convocar a...

0
• Tamén saíron adiante outras mocións relativas ao cauce do río Bispo, a construción dun módulo para embarcacións de remo e outra da celebración...

Publicacións Relacionadas