HomePontevedraSalceda solicita a urbanización do polígono II do PERI no Plan Extra...

Salceda solicita a urbanización do polígono II do PERI no Plan Extra da Deputación de Pontevedra

- Anuncio -spot_img

O proxecto, valorado en máis de un millón de euros, supón a continuidade da Rúa Mártires de Sobredo ata a rúa Gándara, na zona das piscinas municipais

               O equipo de goberno do Concello de Salceda de Caselas vén de presentar o proxecto de urbanización do polígono II do PERI UE-2 á convocatoria do Plan Extra da Deputación de Pontevedra. Trátase dun proxecto valorado en 1.040.228€, logo de realizar a actualización de prezos do proxecto inicial, vixente xa dende o ano 2019.

               O proxecto de urbanización vai supoñer na práctica a posta en servizo de mais de 7000 metros cadrados de solo residencial, facilitando deste xeito a construción de vivenda nova, tan necesaria nestes momentos, ademais da área de 1.060 metros cadrados para vivenda protexida que o Concello ten xa ofrecida ao Instituto Galego de Vivenda e Solo. O proxecto suporá así mesmo a posta en marcha efectiva de 2.738 metros cadrados de chan para equipamentos, nos que poder instalar infraestruturas tan necesarias como un centro de día, un pavillón ou un novo auditorio. Tamén se crea deste xeito o acceso a dúas amplas zonas verdes con un total de 5.662 metros cadrados. Por outra banda, suporá a mellora da accesibilidade ao novo centro de saúde, fundamentalmente para a veciñanza que se achegue dende a zona de Entenza, así como a creación de novas prazas de aparcamento en superficie ao longo dos viarios.

               Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, e o seu equipo de goberno, apostaron nesta ocasión pola urbanización do polígono II do PERI, presentando un proxecto que doutro xeito sería practicamente imposible de asumir polo Concello: “se no Plan Extra do pasado ano decidimos que o prioritario era un servizo fundamental como é o saneamento para a parroquia de Entenza, nesta ocasión consideramos fundamental o investimento no Plan de apertura de novas rúas, fomentando deste xeito a expansión do casco urbano e a habilitación de novas zonas para vivenda, equipamentos e espazos de lecer. A segunda transformación de Salceda dará un paso importante con este ambicioso proxecto”.

A primeira fase da rúa Mártires de Sobredo urbanizouse para poder poñer en marcha o novo Centro de Saúde, e na zona creáronse novos aparcadoiros disuasorios. Agora esa zona poderá continuar co seu desenvolvemento en canto se aprobe e execute o proxecto presentado, creando novas zonas verdes e poñendo a disposición novas parcelas para vivenda.

Publicacións Relacionadas