Home Pontevedra Salceda úrxelle á Xunta a construción de vivenda protexida

Salceda úrxelle á Xunta a construción de vivenda protexida

- Anuncio -

              A Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, vén de poñerse en contacto coa Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, para trasladarlle a necesidade de construción de vivenda protexida no municipio. A Alcaldesa tiña xa solicitada unha cita para tratar este tema o pasado 17 de xullo sen que a día de hoxe fose respostada, polo que novamente vén de enviarse outra solicitude de reunión agardando que nesta ocasión poida ser atendida con urxencia.

              O Concello ten dispoñibilidade de destinar unha área de 1.060 metros cadrados para vivenda protexida no entorno do novo Centro de Saúde trala aprobación definitiva do proxecto de reparcelación do polígono II do PERI UE-02 o pasado mes de abril.

              En palabras da Alcaldesa, Loli Castiñeira, “unha vez que puidemos conseguir chan para vivenda protexida queremos priorizar a vivenda dirixida á xuventude, que cada vez ten máis dificultades á hora de poder emanciparse”.

              Lembran dende o Concello que o actual goberno da Xunta de Galicia se comprometeu a desenvolver chan residencial para a construción de 20.000 vivendas protexidas e que se fixou como obxectivo duplicar o parque de pisos públicos ata chegar aos 8.000, polo que agardan que Salceda sexa un dos lugares polos se aposte para esta promoción de vivenda pública, tendo en conta que é un dos poucos Concellos que veñen aumentando a súa poboación ano tras ano.

              A Alcaldesa confía en que a Conselleira de Vivenda a reciba canto antes para abordar este tema, máis cando o Presidente da Xunta vén de recoñecer que a compravenda está só ao alcance duns poucos e que o encarecemento dos alugueres, xunto ao descenso da oferta, dificulta, sobre todo entre a poboación máis nova, o acceso a un piso ou unha casa.

              Loli Castiñeira: “O Concello ten os deberes feitos, e estamos en disposición de ofrecer os terreos precisos para a construción de vivenda protexida. Confiamos en que as nosas demandas serán atendidas porque é o xusto para anosa veciñanza”

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas