Salvaterra convoca un ano máis as axudas para libros e material escolar de educación infantil

adminON
Lectura mínima de 1

Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño ven de convocar as axudas para a adquisición de libros e material escolar de educación infantil. 

O obxecto destas axudas é promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos/as, entendendo por tales a adquisición de libros e material escolar, dirixido a alumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados/as nos centros escolares de Salvaterra de Miño. 

O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 1 de xullo ao 31 de xullo, ambos inclusive. Os interesados/as deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación xustificativa da súa situación no Departamento de Servizos Sociais, concertando cita previa no teléfono 697911050 ou 986658126. Máis información en www.concellodesalvaterra.org

Comparte este artigo