Tras o éxito do anterior curso de Manipulación de Alimentos realizado o pasado venres
5 de abril e ante a demanda de formación entre os nosos veciños e veciñas, a Federación
de Mulleres de Pontevedra (FEMUPO) a través do Plan Corresponsables oferta unha
segunda data para a formación presencial dirixida a mulleres e homes.
O curso que se celebrará na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño o 20 de abril de
10:00 a 13:00 horas ten abertas as inscricións en comunicacion@concellodesalvaterra.org
ou 629 770 177. Prazas limitadas.

