HomePontevedraO CondadoSalvaterra de Miño acolle a exposición "Fauna Esencial" de Afundación

Salvaterra de Miño acolle a exposición “Fauna Esencial” de Afundación

- Anuncio -spot_img

O Concello de Salvaterra de Miño acollerá a partir do mércores 4 de febreiro a exposición fotográfica “Fauna esencial”, unha viaxe pola beleza e a fraxilidade das especies máis representativas do noso medio natural. Todo grazas á colaboración entre o Concello de Salvaterra de Miño, ABANCA e Afundación.

A exposición tamén forma parte do programa social “Cultura pola Alimentación”, organizado en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, que anima aos visitantes a levar alimentos non perecedoiros ao banco de alimentos.

Esta exposición poderá visitarse ata o vindeiro 6 de marzo, de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas no hall do Concello.

Afundación, a rama de acción social de ABANCA, presenta esta exposición como unha chamada á acción e á reflexión, fomentando o aprecio pola diversidade da fauna salvaxe, o recoñecemento da súa importancia para a sustentabilidade do noso planeta e o compromiso coa súa conservación. Nun mundo cada vez máis consciente da necesidade de preservar o medio ambiente, “Fauna Esencial” inspíranos a valorar e respectar as especies da nosa contorna, garantindo así un futuro máis harmonioso e equilibrado para todas as formas de vida na Terra.

Publicacións Relacionadas