O Concello de Salvaterra de Miño anuncia que os días 13, 14, 15 e 16 decembro desenvolverase na Casa do Conde un Curso nivel básico de manipulación e aplicación de produtos fitosanitarios de forma presencial.
A formación levarase a cabo os días 13 e 16 en horario de tarde e os días 14 e 15 en horario de mañá.
Todas aquelas persoas interesadas poderán solicitar máis información e inscribirse de xoves a domingo no Museo da Ciencia do Viño a través do correo electrónico museocienciavino@concellodesalvaterra.org ou no 617 148 866. As prazas son limitadas.

