HomePontevedraO CondadoSalvaterra de Miño continúa co seu Plan de Modernización do sistema de...

Salvaterra de Miño continúa co seu Plan de Modernización do sistema de contadores de auga en áreas rurais coa instalación de 249 novos contadores dixitais que permiten detectar fugas na rede de abastecemento dunha forma máis eficiente

- Anuncio -spot_img

O Concello de Salvaterra de Miño ven de recibir unha subvención da Xunta de Galicia para a execución de actuacións para minimizar as perdas de auga, no marco do Plan de recuperación, transformación e resilencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU por un importe de 44.440,16 euros.

Esta actuación está enmarcada dentro do Plan de actuacións para minimizar as perdas de auga no municipio, elaborado no 2022, e nos permitiu nestes últimos anos realizar unha inversión importante na instalación de contadores intelixentes en diferentes núcleos do termo municipal, con máis de 400 contadores intelixentes instalados nas parroquias de Corzáns, Fiolledo, Leirado, Lourido, Meder, Pesqueiras e Soutolobre.

Coa instalación destes novos contadores completaremos a implantación deste sistema na parroquia de Fornelos, coa instalación de 145 unidades, e o cambio dos 104 contadores existentes na parroquia de Alxén.

O proxecto desta actuación ascende a preto de 54.000 euros, cunha financiación municipal de preto de 18.000 euros.

Publicacións Relacionadas