O Concello de Salvaterra de Miño ven de solicitar, a través da liña 3 de emprego do Plan +Provincia 2026, da Deputación de Pontevedra, a contratación de 16 persoas por un importe de máis de 233.000 euros.
Os postos a cubrir serán de peón forestal, condutor de camión, peón de limpeza, varredor, fontaneiro, axudante de recollida de basura, oficial albanel, informador turístico, bibliotecario e cobrador. A pretensión do Concello é empezar a cubrir os diferentes postos a partires de abril paulatinamente, xa que as prazas van dende os 9 meses ata os 4, dependendo do posto.
O Concello de Salvaterra de Miño destaca que con este tipo de programas de contratación búscase xerar emprego e por outra parte reforzar os diferentes departamentos municipais como poden ser obras, turismo e o servizo de biblioteca.



