A inscrición, por orde de entrada no rexistro, comeza o 14 e remata o día 21 de novembro.
Cando faltan menos de dous meses para a chegada do Nadal o Concello de Salvaterra de Miño, como ven facendo durante xa varios anos, organiza dentro do seu programa de conciliación o Campus de Nadal.
Dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2013 e 2021 cun máximo de 52 prazas, levarase a cabo durante os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e 2, 3 e 7 de xaneiro nas instalacións do CEIP Infante Felipe. O horario será de 08:45 a 14:00 horas e o prezo do campus é de 60 euros. Existe a posibilidade de aula matinal sempre que se chegue a un mínimo de 10 nenos, o horario sería de 07.30 a 9.00h
As solicitudes formalizaranse entre o 14 e ata o 21 de novembro ou ata esgotar prazas a través de sede electrónica (é importante realizar un rexistro por cada neno ou nena) ou ben por rexistro de entrada no Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas.