HomePontevedraO CondadoSalvaterra de Miño recibe unha subvención da consellería de Emmprego para a...

Salvaterra de Miño recibe unha subvención da consellería de Emmprego para a contratación dunha persoa administrativa

- Anuncio -spot_img

O Concello de Salvaterra de Miño, ven de recibir unha subvención da Consellería de Emprego, para a contratación dunha persoa administrativa durante 9 meses, ao abeiro da convocatoria de axudas para a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Esta convocatoria, ten como finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas que non estudan nin traballan, inscritas como beneficiarias no Sistema nacional de garantía xuvenil, mediante a prestación de servizos
que lles posibiliten ás persoas participantes realizar un traballo efectivo que lles procure unha práctica profesional necesaria para a súa integración sustentable no mercado de traballo.

As persoas mozas que sexan contratadas para a realización dos servizos polos que se outorgue a subvención deberán cumprir, en todo caso, os requisitos seguintes no momento da selección e da formalización do contrato de traballo:
– Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil.
– Ser desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
– Estar inscritas como beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ademais, as persoas mozas deberán cumprir os requisitos de non ter traballado ou recibido accións educativas ou formativas o día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

Publicacións Relacionadas