Home O Condado As Neves Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves poñen en marcha...

Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves poñen en marcha conxuntamente o programa integral Mulleres

- Anuncio -
  • O Programa Mulleres é un exemplo de cooperación local e xestión compartida en políticas de igualdade que obtivo a puntuación máis alta de Galicia no Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero da Xunta de Galicia, que financia as intervencións.
  • As actuacións de formación e asesoramento psicolóxico, kurídico e laboral están centradas no emprego, a autoestima, o benestar, os coidados de corpo e mente, a prevención da violencia, os dereitos das mulleres e o acceso á tecnoloxía.
  • O Programa Mulleres é unha iniciativa de atención, asesoramento, formación e intervención con mulleres de diversos perfís e de todas as idades. Os concellos de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas e As Neves, nun exercicio de cooperación institucional exemplar, deseñaron este Programa no marco da convocatoria da Xunta de Galicia, que financia as actuacións a través da Consellería de Emprego e Igualdade, concretamente da Secretaría Xeral de Igualdade.
    Mulleres chega nun momento de dificultades e desafíos sociais e económicos para a zona, e presenta as políticas públicas de igualdade como elemento nuclear e imprescindible para a recuperación despois de anos complicados.
    As actividades e accións do Programa compleméntanse con asesoramento especializado, elaboración de itinerarios de inserción laboral e con visitas e empresas e a boas experiencias de emprendemento e autoemprego.
    Co Porgrama preténdese establecer unha diagnose sobre a situación social, laboral e económica con perspectiva de xénero e aplicando indicadores de participación política, cultural, deportiva, asociativa ou de saúde. Mediante actividades formativas e obradoiros realizaranse intervencións sobre aspectos cognitivos emancipadores, centrados na autoestima, nos coidados do corpo e mente, na nutrición ou no exercicio físico, que contribúan a que as participantes definan o seu proxecto persoal. Tamén se realizará formación específica con perspectiva de xénero en determinadas áreas e que se vertebrará a través de obradoiros e debate en Cinema Forum. Entre outros factores, abordarase a idade, a discapacidade, e a situación como coidadoras ou a situación laboral.
    As mulleres serán as protagonistas absolutas dos Obradoiros, que tamén serán impartidos por outras mulleres, profesionais nas áreas do dereito, a psicoloxía, a educación física e deportiva, na saúde, a tecnoloxía e na cultura e a arte, todas con perspectiva de xénero. Os obradoiros abordarán a autoestima e benestar con perspectiva de xénero, o recoñecemento das mulleres, a saúde e activación do corpo e mente, os dereitos das mulleres, a violencia de xénero, o xénero e discapacidade, a idade, o cinema, a arte e o emprego a través de formación e inserción, intereses ocupacionais, acceso ao emprego, procesos de selección, habilidades de comunicación e manexo da tecnoloxía e as redes sociais.

Durará ata o 30 de setembro e as actividades se desenvolverán nas instalacións públicas dos 3 concellos.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas