Home Pontevedra O Condado Salvaterra ofrece dous obradoiros de uso de móbiles para maiores

Salvaterra ofrece dous obradoiros de uso de móbiles para maiores

0
2

O Concello de Salvaterra de Miño organiza en colaboración coa asociación Secot unha formación para aprender a utilizar o móbil dentro do programa “Conectando Mayores”.
O curso celebrarase en dúas ubicación:

  • Salvaterra de Miño o día 14 de novembro de 11:00 a 13:00 horas na Aula de Capacitación Dixital da Casa da Cultura de Salvaterra.
  • Lira o día 14 de novembro de 16:00 a 18:00 horas na Casa Cultura.
    A actividade totalmente gratuíta ten como fin incorporar o coñecemento das tecnoloxías de comunicación móbiles ós maiores para que utilicen os dispositivos (Smartphone e Tablets) na súa vida cotiá como ferramentas de apoio.
  • Para inscribirse as persoas interesadas poderán facelo a través do correo comunicacion@concellodesalvaterra.org ou ben no teléfono 986658126.